Celtia:

benvidos ó poeticlú...

miércoles, abril 12, 2006

rimenber de taim

Xa estou blogada!
Mandeille á moco un currículo de celtia que tratei de escribir hai xa tempo... co blog aínda ha ser mellor para a miña intención: eu quería que entre tod@s o modificásemos e engadiramos o que falta. Aí vos vai:


Celtia 1996-2000

O Grupo Literario Celtia naceu co obxectivo de intercambiar coñecementos e sentimentos sobre a literatura. Nun primeiro momento o grupo estaba conformado exclusivamente por alumnas e alumnos das facultades de Filoloxía Hispánica e Humanidades do Campus de Lugo (Esme Quiroga, Raquel López Cendán, Majo Gayoso, Álex Amor, Eva Cabo, Ana ————-, Elba ———- e Lupe López). A estructura era pechada, de feito o seu nome inicial era “Círculo Literario Celtia” e as súas actividades limitábanse ás tertulias semanais e ó intercambio de obras alleas e propias.
Non tardaron en chegar os primeiros recitais e con eles as primeiras disensións internas. A maior parte dos compoñentes defendiamos a apertura do “círculo”. Desta época datan as primeiras tertulias abertas, nas cales participaron Jorge de Vivero, Primitivo Iglesias, Darío Xohán Cabana, ———-. Esa necesidade de apertura e promoción literaria levounos a organiza-lo primeiro recital na Facultade de Humanidades (TÍTULO, DATA) promocionado entre o seu alumnado por Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco e Ángeles ———-, fideles apoios nestes primeiros momentos. Para daquela a participación dalgúns membros de Celtia en espectáculos teatrais da Aula de Teatro Universitaria e de Cacharrada Parda proporcionounos, por unha banda, novos membros (Guillermo———-, Rocío Bello, Irene———) e, por outra, unha concepción teatralizante e teatralizada dos recitais. A esta etapa pertence tamén a nosa primeira participación na Noite dos Tolos do Clavicembalo e o segundo recital na Universidade (—————-,———-), así como a primeira participación en actos de denuncia e compromiso social (Emo,———-,———-). Estes recitais amosáronnos unha regaña dentro do propio grupo que logo se vería como insalvable, provocada por diversas cuestións: a progresiva tendencia tetral dos recitais, a apertura definitiva do grupo, o compromiso social...
A pesares da diversidade e radicalidade das nosas posturas persoais ó respecto destas cuestións, somentes abandoaron o grupo dúas persoas. Pero foi dabondo para poder obter unha clara definición do grupo. Dentro das posibilidades de cada membro, os recitais teatralízanse definitivamente: se o obxectivo é a divulgación de tódolos xéneros literarios dentro de tódolos estratos sociais (esto amosa xa o noso compromiso social), o medio non pode ser outro. Por fin se abriu definitivamente o grupo: tódolos temas, tódalas artes, tódalas xentes tiñan cabida na nosa teima dunha arte total que forma parte de todo e da que todo forma parte. Nos recitais e nas tertulias comenzaron a aparecer nov s compoñentes e “asociad s” (Alberte———, Manuel Polo, María Quiroga, Miriam———¿??,...). Tal concepción do mundo e a arte conlevaba inevitablemente (aínda que con matices individuais) un explícito aínda que non definido compromiso político. Esta foi a etapa de maior colaboración con outro grupos e asociacións, así como a máis productiva tanto en creacións como en representacións. Estas colaboracións, unido á carencia de ofertas similares para unha cidade universitaria en expansión e á aparición da primeira Televisión de Lugo, popularizou ó Grupo e provocou unha demanda que nos chegou a resultar asfixiante por momentos. Desta etapa destacan recitais como_____________




O desgaste inevitable tempo, o uso (e o abuso), as idas e vidas d s compoñentes e as diverxencias propias dun grupo tan heteroxéneo como era Celtia aceleraron a degradación e o cansancio da maior parte de nós, urxía unha refundación ou, como algúns críamos, unha eutanasia inmediata antes de ve-lo proxecto tan dexenerado que se convertise no contrario de si mesmo. O grupo, xa mermado, dividiuse definitivamente na Sega do 2000.


Xa sabedes, a poñelo patas arriba (ou abaixo) Metede todo o que se vos escurra...

1 Comments:

Blogger la moco said...

ja, o que se lembre da data exacta do primeiro recital levará premio

bejinhos

6:28 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home